The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

A XUNTA INVESTIGA POSIBLES FRAUDES INMOBILIARIOS NO P.A.U. NAVIA

el . Publicado en Urbanismo

Segundo se recolle en parte da prensa local o posible fraude na venta de pisos no P.A.U. Navia denunciada pola Asociación de Veciños de Navia e a intención da entidade de acudir á fiscalía para que interveña de oficio provocou que a Consellería de Vivenda e Solo anunciara onte a investigación de posibles irregularidades na venta de vivendas e pisos protexidos. A Consellería contactou coa Asociación de Veciños de Navia coa finalidade de fixar un encontro na maior brevidade entre representantes de esta e dos veciños. Tamén manterase un encontro entre a Consellería e os promotores.

A fraude

A Xunta de Galicia, con motivo dun convenio co Concello de Vigo, promoveu nos anos 90 a expropiación de máis de 700.000 metros cadrados na parroquia de Navia. O obxetivo era levar a cabo unha promoción pública de máis de 4.000 pisos a prezos asequibles para mozos e personas con baixo poder adquisitivo. Os promotores que foron adxudicatarios de parcelas están obrigados a cumprir uns baremos en relación co prezo final da vivenda.

Actualmente, en teoría o prezo da vivenda na parroquia de Navia debería oscilar entre 90.000 e 120.000 euros. Na práctica hai sobreprezos de ata 60.000 euros que veñen denunciando dende hai 2 anos a Asociación de Veciños de Navia e particulares.

 

¿Como se produce o sobreprezo?

Algunhas empresas promotoras presentan un contrato co prezo oficial pero ademáis esixen o pago de supostas melloras aparte que teñen unha repercusión de varios millóns das antigas pesetas. Exemplo: armarios empotrados, un segundo trasteiro, cociñas alicatadas, etc. Si non se aceptan estas condicións engadidas, os interesados non acadan o piso pretendido.

A continuación enlazamos os artigos publicados en parte da prensa local sobre o tema, maioritariamente La Voz de Galicia na sua edición para Vigo. Precisamos decindo "parte da prensa" porque o principal xornal da cidade, Faro de Vigo, garda un misterioso silencio sobre o tema e transcurridos 2 dias todavía non publicou nada sobre o denunciado. ¿curioso non? O resto de medios de comunicación (radio, TV, internet) publicaron en maior ou menor medida algo sobre o tema tirando de recorte de axencias informativas e sin profundizar nin investigar máis.

- O artigo que destapa a fraude na prensa.
- A denuncia da Asociación de Veciños de Navia.
- O que non fixo e debería ter feito o anterior goberno da Xunta.
- Reacción da Consellería de Vivenda.
- Declaracións do Delegado provincial da Consellería de Vivenda.
- Reacción da Federación Veciñal Eduardo Chao de Vigo.

Outros oscuros casos no P.A.U. Navia

Unha nova datada do pasado 10 de abril publicada por David Trigo na páxina web www.paudenavia.net na que, baixo o título Labores de investigación. Construcuatro, faise un interesante repaso aos avatares da "parcela móbil" P-X. Nesta parcela edifica a promotora Construcuatro do alcalde de Sanxenxo polo Partido Popular, Telmo Martín González. Que cada quen saque as súas conclusións:

- Labores de investigación. Construcuatro.

Para profundizar sobre este extrano caso dirixirse aos seguintes artigos publicados no seu dia na revista riadevigo.com

- Usan a okupas como tapadera para un “pelotazo” no P.A.U. Navia.
- Obras sen licencia de Construcuatro danan as instalaciones do P.A.U. Navia.

Calendario de Eventos

Octubre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365