The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

COMUNICADO DA AV DE NAVIA SOBRE OS SERVIZOS MUNICIPAIS NA PARROQUIA

el . Publicado en Xestións

A Asociación Veciñal de Navia xirou aos medios de comunicación locais un contundente comunicado no que critica con dureza a actuación dos servizos municipais de limpeza na parroquia e o pésimo estado da rede de suministro de auga por mor da rotura esta mañá por enésima vez da tubería de abastecemento na rúa San Paio.

A continuación o comunicado:

 

"A Asociación Veciñal de Navia, chea de agardar polas demandas que ten formulado ao Concello de Vigo e a súa nula capacidade para resolvelas, non ten outra opción que calificar a xestión da súa Alcaldesa de incompetencia.

E incompetencia é non arranxar dunha vez por todas o problema de abastecemento de auga que sufre a parroquia, ao rebentar semana si e semana tamén a tubería xeral do suministro.

E non é por cartos, hai partida consignada e aprobada polo que non o chegamos a entender, senon é pola súa incompetencia a falta dunha solución.

Unha semana máis a tubería, hoxe luns de madrugada, volveu rebentar e toda a parroquia ficou sen auga.

Incompetencia tamén é ter o novo barrio de Teixugueiras nun estado lamentábel de limpeza, teñen coñecemento público e privado do risco sanitario que existe e do absoluto abandono por parte dos servizos municipais. Pero a señora Alcaldesa parece máis ocupada en tirarse os trastos co Presidente da Autoridade Portuaria nunha clara competencia, agora sí, electoral, que arranxar os problemas dos cidadáns.

A paciencia vense de esgotar, ou arranxan os problemas que temos ou terán que enterarse polos propios veciños directamente, que evidentenmente utilizan epítetos máis fortes que o de INCOMPETENTES."

Asdo. D. Xose Sánchez Blázquez
Presidente da Asociación Veciñal de Navia

Calendario de Eventos

Diciembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365