Obxetivos de Asociación
As entidades veciñais están en continua evolución e agora camiñan cara a unha nova forma de entender a participación da cidadanía no desenvolvemento da cidade.
Facer barrio
- Crear conciencia de barrio.
- Facilitar o encontro e a comunicación entre a veciñanza.
- Potenciar a colaboración entre os colectivos do barrio.
Mellora da calidade de vida
- Aproveitar ó máximo os espacios e infrastruturas para os veciños e tentar que as dotacións que poden axudarnos neste obxectivo aumenten.
Participación veciñal
- Conseguir que os veciños do barrio participen. Motivar a actividade asociacionista.
- Tramitar xestións administrativas.
- Asesorar a veciñanza en trámites (comunidades de propiedade horizontal, subvencións, reclamacións, solicitudes ”¦)
Traballar o local para mellorar o global
- Canalizar as relacións do barrio co concello.
- Organizar e realizar actividades para o barrio.
- Dinamización do barrio.
Sensibilización da veciñanza naqueles temas de interese común
Apoio a proxectos que beneficien á veciñanza
Misión da AVV Emilio Crespo de Navia.
- Atención aos veciños/as nos temas/problemas/inquedanzas de todo tipo que entren no ámbito de actuación desta Asociación Veciñal.
- Canalización das queixas/problemas/melloras/peticións diante das Administracións Públicas, (ou doutro tipo de entidades), que entren no ámbito de actuación desta Asociación.
- As que indican os Estatutos.
Finalidade da Asociación Veciñal de Navia "Emilio Crespo".
Creada neste barrio de Vigo en 1978, ten os seguintes fins, (tal e como se indica no Artigo nº 3 dos seus Estatutos):
- A reivindicación constante dunha maior participación cidadá nas cuestións públicas.
- A loita contra a especulación do solo.
- A mellora da calidade de vida e a esixencia dunha maior participación das veciñas/os en tódalas decisións que lles afecten.
- A coordinación solidaria de tódolos veciños/as en defensa dos fins desta Asociación.
- A defensa dos dereitos de tódalas persoas, especialmente as marxinadas e explotadas, na procura de que o noso barrio e cidade teña lugares de lecer, educación, cultura, reunión e convivencia.
- A busca da unidade de tódolos veciños/as do barrio.
- A defensa do idioma galego, que será empregado preferiblemente pola Asociación.
- A defensa da calidade de vida das veciñas/os en tódolos seus aspectos (alimentos, auga, aire libre, escolas, vivendas, sanidade pública, urbanismo, cultura, etc.).