The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Servizos - recollida roupa

recollida roupa

Servizos - Asistente social

asistente social

Servizos - Oficina Virtual

oficina virtual mod
Imprimir

Asistente social

asistente social

A AV de Navia conta cunha asistente social para diversos asesoramentos e dúbidas que teñan os veciños, pásate e faille a túa consulta! Podes atopala tódolos LUNS de 10 a 13

Imprimir

Servizos

O local social da Asociación, situado na rúa Bravo nº 6 de Navia, é un edifico de soto, baixo e 1ª planta, dotado de:

flecha verdePlanta baixa:

  • Auditorio con 250 butacas e zona traseira para cadeiras plegables, con amplo escenario, e camerinos con aseos.
  • Cafetería ampla con barra, cadeiras, mesas, televisións, pequena cocina, mesa de billar. (En réxime de concesión).
  • Zona de lectura con mesas, cadeiras, sofás.
  • Aseos.


flecha verdePrimeira planta:

  • Oficina de atención aos socios/as e veciños/as.
  • Sala de xuntas/biblioteca.
  • Dúas salas de usos múltiples.
  • Sala de ordenadores.
  • Aseos


flecha verdeSoto:

  • Na parte posterior do edificio, hai un soto, composto por unha sala para usos múltiples, con aseo.

 


Esta asociación ofrece, a maiores, os seguintes servizos:

SECRETARÍA

   Todas as personas, socias ou non, que precisen axuda e asesoramento en trámites e xestións poden pasar pola asociación no horario de oficina, de 17.00h a 21.00h de luns a venres.

BIBLIOTECA

   Todas as persoas, socias ou non, que precisen consultar información, recoller, emprestar e entregar libros dispoñen do noso fondo bibliográfico con máis de 1.500 volúmenes en horario de 17'30h a 19'30h os martes, mércores e xoves.

CAFETERÍA

  Ofrecemos un espazo de encontro e distración libre de fume para tódolas socios e veciños en horario de 11'00h a 23'00h ininterrumpidamente tódolos días do ano.

CONEXIÓN A INTERNET

  Dispomos de dous postos de conexión a Internet por medio de banda ancha habilitado con dous ordenadores onde os socios e veciños poderán consultar información, leer e enviar correo electrónico, leer prensa dixital, cubrir trámites administrativos, etc. en horario de 17.00h a 21.00h de luns a venres.
E ademáis WIFI en todo o centro.

ESPAZO DE PRENSA

  Dispoñemos dun espazo reservado para a lectura da prensa diaria e de revistas de interés xeral na planta baixa da asociación veciñal. Estamos suscritos a Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Muy Interesante, Envero, Tráfico, etc.
Imprimir

Recollida de roupa

humana

No exterior do Centro Cultural, está colocado un gran contedor de recollida de roupa da O.N.G. “HUMANA FUNDACIÓN PUEBLO PARA PUEBLO”, que leva a cabo dende hai 25 anos proxectos de colaboración en África Subsahariana, Sudamérica e Asia.

Os interesados/as en depositar roupa no contedor, deberán facelo en bolsas plásticas pechadas.

http://www.humana-spain.org/

Oficina Virtual

Dende a web da Asociación Veciñal de Navia pode informarse dos documentos que precisa presentar para realizar os seus trámites, xestións e solicitudes. Tamén pode en ocasións imprimir dende o seu computador que precise e levalos xa cubertos á oficina veciñal. Esta sección irase ampliando no futuro, pero neste momento pode vostede consultar:

flecha verdeRexistro Xeral:

 doc nodisponible Impreso de solicitude xeral da AV de Navia

 

flecha verdeAsociados:

pdf 64   Impreso de solicitude de alta como socio
 doc nodisponible  Impreso de solicitude de baixa como socio
 doc nodisponible  Impreso de solicitude de modificación dos datos de socio

 

flecha verdeUso das instalacións:

pdf 64   Impreso de solicitude de uso das instalacións

 

A oficina física da Asociación Veciñal de Navia está aberta en horario de atención ao público de luns a venres de 17'00 a 21'00 horas na rúa Bravo nº6, Navia (Vigo).

Pode contactar por medio de:

telefono  986 241 534 fax 986 241 534 email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.


Contestador automático de 21:00 a 17:00 horas.

Online bookmaker Romenia bet365