Contorno
Navia é unha das parroquias con menor extensión do concello de Vigo, contando tan só con 2,45 quilómetros cadrados. Formou parte do Concello de Fragoso ata o 1837, ano no que se integrou en Bouzas. No século XIX abundaban os bosques de carballos e castiñeiros, dos que hoxe apenas queda algún exemplar.
Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.
Ten 11 entidades de poboación, 10 lugares e según datos do padrón de 2011 conta con una poboación de 8.982 veciños. É, grazas ao novo polígono urbanístico, a parroquia con mair crecemento demográfico de toda Galicia nos últimos anos.
As súas entidades de poboación son as seguintes:
- A Devesa
- A Gándara
- Goberna
- As Pereiras
- As Pertegueiras
- Quintela
- O Redondo
- Samil
- A Tomada
- A Torre
- O Xuncal
Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.
Verbo do seu patrimonio etnográfico o máis salientable son o cruceiro da Devesa e os restos do denominado Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. O desenvolvemento da parroquia a partir da década dos 60 do século pasado está estreitamente vencellado á praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude, e á construcción de segundas residencias, próximas á costa.
Datos de poboación:
ANO | 1986 | 1992 | 1993 | 1994 | 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2011 |
POBOACIÓN CENSADA | 1.822 | 1.811 | 1.885 | 1.917 | 1.980 | 2.101 | 2.110 | 2.122 | 2.198 | 2.213 | 2.250 | 2.278 | 8.982 |