Imprimir

Contorno

 Navia é unha das parroquias con menor extensión do concello de Vigo, contando tan só con 2,45 quilómetros cadrados. Formou parte do Concello de Fragoso ata o 1837, ano no que se integrou en Bouzas. No século XIX abundaban os bosques de carballos e castiñeiros, dos que hoxe apenas queda algún exemplar.

Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.
Ten 11 entidades de poboación, 10 lugares e según datos do padrón de 2011 conta con una poboación de 8.982 veciños. É, grazas ao novo polígono urbanístico, a parroquia con mair crecemento demográfico de toda Galicia nos últimos anos.


As súas entidades de poboación son as seguintes:

  • A Devesa
  • A Gándara
  • Goberna
  • As Pereiras
  • As Pertegueiras
  • Quintela
  • O Redondo
  • Samil
  • A Tomada
  • A Torre
  • O Xuncal

Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.


Verbo do seu patrimonio etnográfico o máis salientable son o cruceiro da Devesa e os restos do denominado Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. O desenvolvemento da parroquia a partir da década dos 60 do século pasado está estreitamente vencellado á praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude, e á construcción de segundas residencias, próximas á costa.

Datos de poboación:

ANO 1986 1992 1993 1994 1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2011
POBOACIÓN CENSADA 1.822 1.811 1.885 1.917 1.980 2.101 2.110 2.122 2.198 2.213 2.250 2.278 8.982