Vd. se encuentra aquí: Inicio

CAMPO MANUEL PAHIÑO

tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, inauguraron onte o novo campo de fútbol municipal de Navia, que leva o nome do ex xogador do Celta, Deportivo e Real Madrid, Pahiño. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que esta nova infraestrutura é un exemplo máis da aposta do BNG polo deporte de base.

Santi Domínguez tamén afirmou que este novo campo amosa o compromiso coa mellora das infraestruturas deportivas de Vigo. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou que era un día "moi importante para esta cidade", xa que coa inauguración deste campo dase un paso máis mellora das dotacións deportivas da cidade. Explicou que a elección de Pahiño para dar o nome ao campo "non é casual", xa que o xogador naceu en Navia.

O protagonista da xornada foi o ex futbolista Manuel Fernández "Pahiño", encargado de facer o saque de honra do partido que disputaron os equipos de veteranos de Celta e Deportivo, que rematou cun contundente 6-2 a favor do equipo vigués. Na súa intervención, Pahíño amosouse moi emocionado por dar nome a un campo de fútbol e lembrou os seus difíciles inicios no mundo do deporte.

O acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa e o intercambio de agasallos entre as diversas entidades participantes, contou coa presenza dos representantes dos diferentes clubs da cidade, así como dos veciños e veciñas da parroquia.
 

INAUGURACION DO CAMPO DE FUTBOL

Pois si o próximo dia 13 de xuño de 2010 vaise a facer a inauguración do novo campo de fútbol de Navia.

Os actos comezarán as 12 da maña  e ademais dos procedentes discursos teremos un partido inaugural entre veteranos do Celta e o Deportivo e aínda que mantivemos conversa cos xogadores do real Madrid non foi posible por problemas económicos de cegar a un acordo e facer un triagular.

De todas maneiras  a demais de con  Manuel Paiño contaremos co xogador veteran do Real Madrid Zunzunegui defensa que xogou seis temporadas nos anos sesenta

Esperamos que todo resulte ven e por suposto contamos con todos os veciños e veciñas de Navia para ese dia

 

Lembrade o dia 13 as 12 da maña

   

CAMPAMENTO DE VERAN 2010

CAMPAMENTO DE VERAN NAVIA 2010

LUGAR:       COLEXIO ALFONSO R. CASTELAO

HORARIO: Madrugadores de 8:15 a 9:00;  Campamento de 9:00 a 14 h.  y Almorzo de 14:00 a 15:45

DATAS:      Do 23 de xuño o 31 de agosto , dependendo da demanda

 

 

PREZO: Xuño: 65 €   (Socios 45 €)               madrugadores e almorzo de xuño  35 €  (socios 25 €)

Xulio: 155€  (socios 115 €)                 Madrugadores 50 € (socios 30 €)               Almorzo 50 € (socios 30 €)

Agosto : 155 €  (socios 115 €)             Quincenas de madrugadores e Almorzo 35 €  (socios 25 €)

As quincenas 100 € (Socios 85€)

Os irmáns terán un desconto do 10%

Os prezos non inclúen ningún tipo de alimento

Os socios deberan ter  unha antiguedade mínima de 1 ano

PAGOS: 50% a inscrición o resto antes de 18 de xuño

IDADES: Nenos/as de 4 a 16 anos

OS GRUPOS FORMARANSE CON UN MINIMO DE 10 NENOS/AS

TLF. CONTACTO: 986241534 (Tl. e Fax da secretaria) de 17 a 21 horas

Actividades de pintura, manualidades, deportes, xogos populares, obradoiros saídas a praia, etc

Controlados y dirixidas en todo momento por monitores altamente cualificados

FARASE UNHA REUNION INFORMATIVA O DIA 21 DE XUÑO AS 20 HORAS NO CENTRO CULTURAL DE NAVIA

A ficha de inscrición, xunto co xustificante do ingreso ou pago en efectivo, pódese entregar persoalmente en c/Bravo nº6 36212 Vigo (Navia) de 27 a 21 H., por Fax ao 986241534 ou correo a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Debido os problemas que apareceron en anos anteriores o importe da inscrición non será devolto salvo en casos moi especiais e non se consideraran inscritos os nen@s ata o momento de facer efectivo o importe total

!!!As prazas son limitadas e atenderanse por orden de inscrición¡¡¡

 

   

Página 3 de 53

Ultima modificación de la web realizada el _Sábado 04 Septiembre 2010, 17:52

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy96
mod_vvisit_counterAyer273
mod_vvisit_counterEsta semana96
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes1299
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal123299

En linea: 3
Su IP: 38.107.191.94

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 5 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

SETEMBRO DE TEATRO
04 September 2010
article thumbnailVINTEATRO Dentro do programa vinteatro e organizado polo grupo de teatro da Asociacion Veciñal, durante os sabados do  mes de setembro e  as 20:30 horas  teremos no auditorio do Centro Cultural...