Vd. se encuentra aquí:

SOBRE PREZOS

E-mail Imprimir PDF

COPIA DO ESCRITO PRESENTADO O SR. DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E O SOLO.

Asunto.- Expediente sancionatorio derivado de cobro de sobreprezo nunha promocion no poligono de  Navia en Vigo

No ano 2007 a delegación da Conselleria de Vivenda e Solo, da  Provincia de Pontevedra, procedera a apertura de expediente sancionador polo cobro de sobreprecio na promoción que desenvolvia a empresa CONSTRUCUATRO no poligono de Navia do concello de Vigo.

A apertura do expediente traia causa na existencia de cobros irregulares non autorizados pola lexislación de vivendas de protección oficial.  No expediente se procedeu a toma de declaración das partes denunciantes a vez que se solicitou aos denunciados que presentaran as alegacións que estimaran convenientes relativa aos feitos denunciados.   O devandito expediente  tivo que ser suspendida a súa tramitación tendo en conta que sobre os mesmos feitos e relacionados cos mesmos autores, se estaba a tramitar un procedimento nos xulgados do penal da cidade de Vigo.  A xuiza reclamara a suspensión cautelar da tramitación do procedimento administrativo en tanto que non se arquivara ou recaera sentencia no procedimento penal, tal como establece as disposicións das leis procesais e a propia lei de vivenda.

Resolto o procedimento penal, é razoable  e obligatorio, e asi o establece a legislación vixente, continuar o procedimento administrativo aberto  que derivaria nunha sanción ou no seu caso no arquito do expediente. Por todo o dito  SOLICITAMOS:

QUE SE PROCEDA A CONTINUAR CO EXPEDENTE ADMINISTRATIVO ABERTO CONTRA A EMPRESA CONSTRUCUATRO POLO PRESUNTO COBRO DE SOBREPREZ0 NAS VIVENDAS QUE PROMOVERON NO POLIGONO DE NAVIA.

 

Actualizado ( Martes, 16 de Febrero de 2010 09:48 )  

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

SETEMBRO DE TEATRO
04 September 2010
article thumbnailVINTEATRO Dentro do programa vinteatro e organizado polo grupo de teatro da Asociacion Veciñal, durante os sabados do  mes de setembro e  as 20:30 horas  teremos no auditorio do Centro Cultural...