Vd. se encuentra aquí: Inicio Sociedade XUNTANZA CO CONCELLEIRO DE DISTRITOS ANGEL RIVAS

XUNTANZA CO CONCELLEIRO DE DISTRITOS ANGEL RIVAS

E-mail Imprimir PDF

O pasado 18 de outubro tivo lugar na Asociación unha xuntanza de membros da directiva co Concelleiro de Distritos Ángel Rivas. Foron moitas as reivindicacións e inquedanzas que se transmitiron, entre as que queremos destacar o noso rexeitamento á reubicación do espazo destinado a uso educativo na Pedra Seixa, xa que a ampliación do colexio e a creación dun centro de educación secundaria nesa zona son unha reivindicación antiga, e esiximos que ese siga a ser o emprazamento pola idoneidade de acceso dos veciños e veciñas de Navia.

Así mesmo, expresamos o noso descontento co abandono que consideramos vimos sufrindo ultimamente, polo que lle demandamos unha serie de solucións urxentes a necesidades básicas, como a instalación de beirarrúas, a limpeza e coidado das árbores da Alameda da Devesa, a mellora do transporte público e o estabelecemento urxente de medidas de seguridade viaria e peonil no entorno do colexio e na Pedra Seixa, entre outras moitas reivindicacións. Outro dos temas clave que se trataron nesta xuntanza é o relativo a toda a problemática derivada do abandono e deixadez nas Teixuguieras: achegámoslle ao concelleiro un dossier que recollía todos os escritos presentados ao Concello nos últimos dous anos, todas as demandas feitas, así como o contido da moción aprobada por unanimidade no mes de febreiro; neste material exprésanse os nosos requirimentos relativos a limpeza, seguridade viaria, tráfico, recollida de lixo, accesos peonís, transporte público, servizos, etc. Expresámoslle que a veciñanza de Teixugueiras temos unha grande sensación de esquecemento xa que non acabamos de ver os resultados de todas as nosas demandas e reivindicacións, e que esiximos, de forma urxente, unha serie de medidas que non se están a levar a cabo e que consideramos de mínimos para poder vivir xa non con calidade de vida, a pesar de seguir a ser a nosa demanda fundamental, senón en condicións mínimas de salubridade. A actitude do Señor Rivas foi bastante receptiva, pero non baixaremos a garda e continuaremos reivindicando e facendo seguimento de todos os acontecementos.

Actualizado ( Domingo, 26 de Julio de 2009 19:11 )  
Ultima modificación de la web realizada el _Sábado 04 Septiembre 2010, 17:52

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy134
mod_vvisit_counterAyer273
mod_vvisit_counterEsta semana134
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes1337
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal123337

En linea: 9
Su IP: 38.107.191.94

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 5 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

SETEMBRO DE TEATRO
04 September 2010
article thumbnailVINTEATRO Dentro do programa vinteatro e organizado polo grupo de teatro da Asociacion Veciñal, durante os sabados do  mes de setembro e  as 20:30 horas  teremos no auditorio do Centro Cultural...