- Xuntanzas con Vitrasa para negociar melloras no servizo. Xaneiro
- Xuntanza co Delegado de Vivenda para tratar asuntos relativos ás obras de urbanización das Teixugueiras. Marzo.
- II Marcha Ciclista de Navia. Abril
- Edición dun número especial para as Teixugueiras da revista de Navia. Abril
- Xuntanza con Abel Caballero na que se lle expuseron as demandas e melloras necesarias das Teixugueiras. Abril
- Xuntanza con Santiago Domínguez na que recolleu as demandas das Teixugueiras. Abril
- Visita do Delegado de Vivenda para a presentación do proxecto de zonas verdes nas Teixugueiras. Maio.
- Xuntanza coa dirección de Vitrasa sobre mellora de percorridos e frecuencias nas Teixugueiras. Maio.
- Carta entregada no rexistro do Concello dirixida ao alcalde, expoñendo as demandas e necesidades do barrio das Teixugueiras. Xullo
- Xuntanza co Concelleiro de Distrito Ángel Rivas: Reindicacións e demandas das Teixugueiras. Outubro.
- Carta entregada no rexistro do Concello dirixida ao alcalde, expoñendo as demandas relativas á seguridade viaria no barrio das Teixugueiras. Decembro.
- Xuntanza con Xulio Calviño para expoñer reivindicación en materia de seguridade vial e accesos peonís. Xaneiro.
Memoria Vocalía de Teixugueiras















