A parroquia de Navia formou parte do Concello de Fragoso ata 1837, cando se integrou en Bouzas. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda da Debesa, a urbanización de Samil, e co desenvolvemento do P.A.U. de Navia, na nova urbanización.
No século XIX abundaban os bosques de carballos e castiñeiros, dos que hoxe a penas queda algún exemplar.
Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur da Galiza.
Na parroquia atópase a praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nucturnos.
Historia de Navia














