Para chegar ata a parroquia de Navia existen múltiples posibilidades como camiños existen, pero aqui indicaremos as máis sinxelas e importantes:
Dende o centro urbano de Vigo, vía Praza de América, collemos a Avenida de Castelao e ao final desta a Avenida de Europa. Pasada a rotonda sobre o cinto de circunvalación Bouzas-Zona Franca viramos á esquerda en calquera dos dous seguintes cruzes.
Dende fora do Concello de Vigo ao leste, empregamos a A-57 e logo a VG-20 ou cinto de circunvalación de Vigo abandonando esta via na saida de Navia.
Dende o Sur do Concello de Vigo, empregando a Avenida Ricardo Mella ou estrada da vía, viramos á esquerda no cruze de Muiños ou no cruce da zona industrial do Caramuxo onde a gasolinera de Campsa. No primeiropaso viraremos á dereita ao atravesar a ponte sobre o río Lagares. No segundo caso continuaremos de fronte despois de pasar por debaixo do cinto de circunvalación.
Cómo chegar














