|
PROXECTO PARA A ZONA DEPORTIVA.
|
|
|
|
Presentación do proxecto para a zona Deportiva de San Paio de Navia.
|
|
|
A construción da Zona Deportiva de Navia está composta de dúas fases:
FASE 1: Construción do campo de futbol de herba sintética e pavillón multiusos cuberto.
FASE 2: Construción do resto dos espazos deportivos.
A Fase 1 ten un prazo de fabricación dun ano. Construirase durante o 2009, debendo estar finalizado o 31 de Decembro de 2009, xa que a partida orzamentaria á que fai referencia provén dos Fondos Estatais e estes deben de ser gastados nun ano.
Para iso destínanse case 6 millóns de euros a esta zona.
A Fase 2 dará comezo no 2010 e aínda non ten data de finalización, dependerá de múltiples aspectos como a consecución dos fondos para a súa construción e as melloras ou variacións que se poderían realizar no proxecto desde esta data de presentación ata o inicio das obras desta Fase 2.
O presente proxecto define as características xerais das instalacións deportivas que se propoñen no PAU de Navia.
A proposta presentada axústase á parcela inscrita dentro do PAU de Navia como de uso deportiva (D2)
Búscase crear un centro deportivo que actúe como foco polarizador da actividade veciñal que se xerou co desenvolvemento desta zona.
|
|
Proyecto presentado
|
|

|
A parcela de uso deportivo se expón articulada de xeito que pode funcionar de modo conxunto ou con cada peza independente.
O centro disponse en sucesivos aterrazamientos de modo que a proposta se adapta ao terreo en busca dun asentamento integrado na topografía existente.
A intervención complétase con zonas verdes e paseos que abarcan toda a parcela e unen e entrelazan todas as dotacións.
Ao longo e largo de toda a parcela se preveen as seguintes instalacións deportivas:
FASE 1:
- Campo de Futbol de herba sintética.
- Polideportivo ou Pavillón multiusos cuberto.
FASE 2:
- Pistas de Padel
- Pistas polideportivas ao aire libre
- Pistas para a práctica de Futbol 3
- Piscina cuberta
- Zonas verdes
- Aparcamento que virá a ampliar nesa rúa.
Aproveitando a caída do terreo execútanse máis pistas deportivas aterrazadas, de modo que, ao mesmo tempo que se adaptan á topografía xeran unha serie de percorridos que permiten realizar circuítos VITA e zonas de carreira continua.
|
|
|
FASE 1
|
|
Durante a construción da Fase 1 (ano 2009) se constuirán o campo de futbol de herba sintética e o pavillón multiusos cuberto, ambas instalacións anexionadas formando un único bloque dando un aspecto verde integrador na zona.
O pavillón multiusos irá anexionado ao bancada do campo de futbol, se entenderá arquitectonicamente como un anexo deste e a cuberta terá a aparencia dunha gran zona verde.
|

|
|
|
|
|
Para o acceso a ambas instalacións se construirá unha gran praza que sirva de entrada ao recinto, punto de encontro e área recreativa. |
|
|
|
|
O campo de futbol de céspede artificial, cuxas medidas serán 100x60 metros, irá situado na parte superior da parcela, aproveitando todo o largo da mesma.
Na súa fronte, paralelo á rúa Lamelas se constuirá un estacionamento para 80 prazas de uso tanto para os deportistas como público que acuda a presenciar os eventos deportivos.
As gradas deste campo de futbol terán unha capacidade de 413 espectadores, todos sentados.
|

|
|
|

Na planta alta irán situadas, ademais da propia grada, o acceso ao público, o acceso dos xogadores, taquila e control e aseos para o público.
|

Na planta baixa (mesma cota que o cesped), debaixo das gradas, irán situadas as instalacións de mantemento do propio campo (electricidade, rega, ...), vestiarios e almacén. Ademais, a saída dos xogadores ao campo farase tamén a ras de campo.
|
|
|
|
|
A pista multiusos ou pavillón cuberto ten unha pista deportiva cunhas medidas de 46x25 metros, medidas suficientes para albergar eventos deportivos tales como futbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol, patinaxe, etc...
Terá unhas gradas fixas cunha capacidade de 1.100 espectadores e unhas gradas abatibles en caso de necesidade de ampliación de 360 espectadores máis, facendo un total de 1.460 espectadores, o que a converterá no segundo pavillón cuberto de maior capacidade de Vigo só por detrás do Pavillón Central de As Travesas.
Na parte superior irán situados os accesos dos espectadores a través de dous grandes entradas, un para a zona Norte do bancada e outro para a zona Sur, ademais das instalacións de Control, oficinas e cafetería.
|
|
|
|
Baixo a bancada instalaranse os aseos para o público (2 aseos para homes, 2 aseos para mulleres e aseos para minusválidos), as instalacións de mantemento da pista, sala de prensa, sala de control, dopaxe e enfermería, almacén e 6 vestiarios con acceso directo á pista..
Detrás do almacén de pista construirase un ximnasio, que podería funcionar independentemente do pavillón, xa que está previsto darlle acceso ao mesmo desde o exterior.
|
|
|
|

|
|
FASE 2
|
|
|
Na fase 2 completaranse as instalacións deportivas da parcela.
Construirase unha piscina climatizada cuberta, adaptada ao terreo para realizar así unha intervención o máis integrada posible. A piscina dispón duns vestiarios que dan servizo non só á propia piscina, senón tamén aos ximnasios da planta inferior.
Dentro da instalación da piscina irán construídas 5 salas para actividades deportivas diversas e un ximnasio de Fitness.
A piscina cuberta, cunhas dimensións de 50x25 metros terá carácter olímpico, e dispoñerá dunha grada para 500 espectadores, polo que se poderá aproveitar para a organización de probas de carácter internacional, ademais do seu uso diario a disposición dos veciños.
Ademais do vaso principal, tamén se construirá un piscina menor para aprendizaxe.
|
|