
Esta fin de sem ana o equipo de benxamins da Sociedade Deportiva Navia conseguiu a primeira Victòria, dos nosos equipos masculinos no que levamos de tempada. É significativa a melloría de todos os nosos equipos e seguro que de aquí a fin de tempada seguiremos mellorando. Hai que ter en conta e darlle o merito que se merece ao feito da situación na que nos atopamos no que se refire a instalacións para adestrar.
Felicitar tamén ao equipo senior feminino que xa este clasificado para a liga de ascenso a categoría autonómica e esperamos que as cadetes, fagan tamén unha gran tempada
Un saúdo e parabéns a todos e todas
Na foto o primeiro equipo en conseguir vitoria, que quedase para a historia, e que venceu ao Teis por un contundente 4 a 0 os goles foron marcados por Andrés (3) e Niko















