COPIA DO ESCRITO PRESENTADO O SR. DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E O SOLO.
Asunto.- Expediente sancionatorio derivado de cobro de sobreprezo nunha promocion no poligono de Navia en Vigo
No ano 2007 a delegación da Conselleria de Vivenda e Solo, da Provincia de Pontevedra, procedera a apertura de expediente sancionador polo cobro de sobreprecio na promoción que desenvolvia a empresa CONSTRUCUATRO no poligono de Navia do concello de Vigo.
A apertura do expediente traia causa na existencia de cobros irregulares non autorizados pola lexislación de vivendas de protección oficial. No expediente se procedeu a toma de declaración das partes denunciantes a vez que se solicitou aos denunciados que presentaran as alegacións que estimaran convenientes relativa aos feitos denunciados. O devandito expediente tivo que ser suspendida a súa tramitación tendo en conta que sobre os mesmos feitos e relacionados cos mesmos autores, se estaba a tramitar un procedimento nos xulgados do penal da cidade de Vigo. A xuiza reclamara a suspensión cautelar da tramitación do procedimento administrativo en tanto que non se arquivara ou recaera sentencia no procedimento penal, tal como establece as disposicións das leis procesais e a propia lei de vivenda.
Resolto o procedimento penal, é razoable e obligatorio, e asi o establece a legislación vixente, continuar o procedimento administrativo aberto que derivaria nunha sanción ou no seu caso no arquito do expediente. Por todo o dito SOLICITAMOS:
QUE SE PROCEDA A CONTINUAR CO EXPEDENTE ADMINISTRATIVO ABERTO CONTRA A EMPRESA CONSTRUCUATRO POLO PRESUNTO COBRO DE SOBREPREZ0 NAS VIVENDAS QUE PROMOVERON NO POLIGONO DE NAVIA.
















