Vd. se encuentra aquí: Inicio Deportes Santi Domínguez avanza que o pavillón e o campo de fútbol de Navia, cun investimento de 6 millóns, serán realidade en xuño

Santi Domínguez avanza que o pavillón e o campo de fútbol de Navia, cun investimento de 6 millóns, serán realidade en xuño

E-mail Imprimir PDF
Vigo, 8 de marzo de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras do pavillón e o campo de fútbol de Navia, que contaron cun investimento de case 6 millóns de euros financiados polo Plan E correspondente ao 2009. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que a finais do mes de xuño “será realidade o segundo polideportivo de Vigo tras As Travesas”.

Santi Domínguez afirmou que coa construción destas novas dotacións deportivas “dase resposta ás necesidades dun novo barrio” como é Navia. Avanzou asemade que tras o remate desta primeira fase está previsto continuar a segunda, que prevé a construción dunha piscina olímpica e diversas instalacións para outro tipo de deportes.

O tenente de alcalde explicou que a visita tiña o obxectivo de comprobar o estado das obras tras o rescate da adxudicación inicial do pavillón polos incumprimentos da empresa Teconsa, polo que foi necesario realizar unha nova adxudicación e o proceso fixo que a obra sufrira un retraso na súa execución. Sen embargo, o nacionalista sinalou que este tipo de situacións estaban contempladas no Plan E e por iso foi concedida unha prórroga de seis meses para rematar o proxecto. Está previsto que as obras rematen a finais do mes de xuño.

O pavillón terá capacidade para 1.500 espectadores e estará dotado con ximnasio, enfermería, ascensor, oito vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores. O seu orzamento é de 4.585.643 euros.

O campo de fútbol, anexo ao polideportivo, terá unhas dimensións de 60x100 metros, cinco vestiarios, céspede de herba sintética de “última xeración”, segundo salientou Santi Domínguez, e capacidade para 432 espectadores. As obras contaron cun orzamento de 1.402.544 euros.

Por outra banda, o tenente de alcalde destacou que a construción destas novas infraestruturas deportivas representa unha aposta pola súa “integración no contorno”, coa instalación dunha cuberta verde nas instalacións.

O nacionalista fixo fincapé en que este proxecto é un paso máis no cumprimento electoral dos nacionalistas. “Estas obras poñen de manifesto o cumprimento do BNG, xa que cando me presentei como candidato tiñamos o compromiso electoral de que nesta lexislatura íamos facer un gran complexo deportivo en Navia”, salientou Santi Domínguez.

Actualizado ( Lunes, 08 de Marzo de 2010 16:33 )  
Ultima modificación de la web realizada el _Miércoles 08 Septiembre 2010, 12:16

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy136
mod_vvisit_counterAyer238
mod_vvisit_counterEsta semana1127
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes2330
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal124330

En linea: 4
Su IP: 38.107.191.91

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 6 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

CAMPO DE FUTBOL
08 September 2010
article thumbnailO proximo venres dia 10 de septembro comenzan os adestramentos do club de futbol S.D. Navia. Os dias de adestramento seran os luns, mercores e venres, dende os mais pequenos que escomenzan sobre as...