- Vogalía de Urbanismo Proporcionar información sobre planeamentos urbanísticos, interpretación e aplicación do Plan Xeral de Ordenación Urbana na parroquia, asesoramento e vixilancia sobre os intereses comúns dos veciños de Navia son as principais liñas de traballo desta vogalía.
- Vogalía de Cultura e Actividades Os veciños de Navia é a razón de existir desta asociación. Promocionar unha calidade de vida digna é para nós primordial, polo que desde esta área dinamizamos o barrio a través de diversas actividade, promovemos a formación cultural, o coñecemento e o sentir das nosa raíces e recuperamos festas e tradicións (Festa do Samaín, Magosto, baile, cine, gaita e percusión ...)
- Vogalía da Muller O traballo pola promoción da muller, pola igualdade de xénero e a loita en contra da violencia doméstica é unha das liñas de traballo desta vogalía, xunto coa promoción integral da muller a través de cursos, obradoiros e debates.
- Vogalía de Transporte e Tránsito O traballo pola mellora do transporte público, a loita pola mellora da seguridade viaria e a garantía do cumprimento dos servizos básicos na parroquia son as liñas básicas nas que traballa esta vogalía.
- Vogalia de TeixugueirasComisión de traballo do P.A.U. Navia coa finalidade de tratar e abordar tódolos asuntos que neste novo barrio da parroquia se produzan. A comisión aintegran membros da Xunta Directiva e veciños residentes no P.A.U. Navia.












