Vd. se encuentra aquí: Inicio Colectivos

Colectivos

REUNION PRESIDENTES

Tras a paréntese do verán retomamos as xuntanzas coas comunidades de propietarios do barrio das Teixugueiras, co fin de expoñer as demandas e reivindicacións realizadas nos últimos meses por parte da Vogalía de Teixugueiras da Asociación Veciñal de Navia, así como recoller as súas propostas e suxerencias.

Para elo convidamos a presidentes ou, na súa representación, a membros da xunta directiva ou representantes desta, a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 10 de outubro ás 19.30 na nosa asociación. Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 17:30
 

REUNION PRESIDENTES

O pasado día 30 de abril tivo lugar na Asociación Veciñal de Navia unha xuntanza con presidentes e/ou representantes dalgunhas das comunidades de propietarios dos edificios do barrio das Teixugueiras.

En primeiro lugar informouse sobre o estado das moitas demandas, reivindicacións e escritos que esta asociación, en concreto a Vogalía de Teixuguieras, ten elaborado: seguranza peonil, transporte público, limpeza, control de danos causados polas obras, etc.

Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 16:36

Leer más...

 

BAIXADA A SAMIL

Os veciños da rua Baixada a Samil celebraron o pasado sabado dia 12 de abril na plaza do barrio de samil que despois das xestions realizadas pola asociacion de veciños a rua recuperase o seu toponimo, que lle fora retirado despois de de unha iniciativa do sr. Manuel Soto ex alcalde de vigo e rencoroso despois de moito tempo coa parroquia de Navia.

 

Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 16:35
   

VIAXE ÁS ISLAS CIES

A Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" quere organizar unha viaxe ás Illas Cíes, que tería lugar a primeiros de xuño, na que poidan participar todas as persoas asociadas ao movemento veciñal, independentemente da idade e do xénero.

Para xestionar esta viaxe, que tería un prezo reducido, quere facerse unha previsión do número de participantes, polo que comunicamos que todas as persoas que estean interesadas chamen á nosa Asociación para pre-inscribirse antes do 31 de marzo.

 

Curso: Maquetería aplicada ao carei, cuncha e nácar

Anunciamos que comeza o período de inscrición para o curso de marquetería aplicada ao carei, cuncha e nácar, do segundo cuatrimestre do programa de formación e animación sociocultural para mulleres.

Impartirase os xoves de 18:30 a 20:30 e o custe é de sete euros pola totalidade do curso. O prazo de inscricións abrangue do 11 ao 20 de febreiro. Máis información na secretaría ou no teléfono 986 24 15 34 en horario de 17:00 a 21:00.


Última actualización el Domingo, 24 de Febrero de 2008 01:25
   
Ultima modificación de la web realizada el _Miércoles 08 Septiembre 2010, 12:16

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy119
mod_vvisit_counterAyer238
mod_vvisit_counterEsta semana1110
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes2313
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal124313

En linea: 10
Su IP: 38.107.191.91

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 4 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

CAMPO DE FUTBOL
08 September 2010
article thumbnailO proximo venres dia 10 de septembro comenzan os adestramentos do club de futbol S.D. Navia. Os dias de adestramento seran os luns, mercores e venres, dende os mais pequenos que escomenzan sobre as...