Vd. se encuentra aquí: Inicio Saneamento

Saneamiento

OBRAS NA REDE DE ABASTECEMENTO

Despois da conversa mantida no concello o dia 28 de setembro coa responsable de distrito, na que esta asociacion facía varias reclamacions atrasadas e outras novas, só se nos pode comfirmar que a sustitución das tuberias de abastecemento da rúa San Paio comezarán o luns 2 de outubro. O resto de peticións (papeleiras, limpeza, trafico, alameda, fontes, asfaltados, etc.) quedan a expensas da sua xestión e posterior comunicación a AV de Navia. A continuación está a copia do escrito presentado.

Leer más...

 

AVISO SOBRE SANEAMENTO

Todolos veciños que por calquera circustancia non estean conectados a rede de saneamento municipal ou ben teñar que bombear para poder desaugar, deben pasar pola oficina da asociación veciñal para deixar o seu enderezo e o seu nome coa finalidade de poñelo en coñecemento do Concello de Vigo.

 

COMUNICADO DA AV DE NAVIA SOBRE OS SERVIZOS MUNICIPAIS NA PARROQUIA

A Asociación Veciñal de Navia xirou aos medios de comunicación locais un contundente comunicado no que critica con dureza a actuación dos servizos municipais de limpeza na parroquia e o pésimo estado da rede de suministro de auga por mor da rotura esta mañá por enésima vez da tubería de abastecemento na rúa San Paio.

A continuación o comunicado:

Leer más...

   

APROBADO O INICIO DAS OBRAS DE REPARACION DO PAU NAVIA

O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio con Xestur-Pontevedra para a realización das obras de reparación da urbanización da 1º e 2º fases do polígono de vivendas do P.A.U. Navia por un importe de 282.677 euros.

As obras realizaranse en dúas fases. Unha primeira fase de inminente execución inclúe un estudio hidroxeolóxico, inspección e limpeza de tubarias pluviais, a conexión de fecais na parcela P-XIII, así como a reparación dun socavón na rúa 2º e a realización dun camiño peatonal de acceso ao colexio. O orzamento para estas actuacións ascende a 97.827 euros.

A segunda fase comprende a limpeza de tubarias de toda a urbanización, revisión, limpeza e reparación de galerías, o cambio de emprazamento dun transformador e a reparación doutro por deterioro, así como a limpeza e mantemento da urbanización. Neste caso o orzamento ascende a 159.152 euros e as obras realizaranse a curto prazo.

Estas obras de reparación na urbanización do P.A.U. Navia son necesarias dados os desperfectos detectados despois de que as empresas construtoras das vivendas entregaron as obras, pero está pendente a execución da reparación integral da rede de saneamento da urbanización por un importe de 1,3 millóns de euros, cuxas obras se contratarán en menos de dous meses.

 

VIVENDA INTERVIU ONTE NUNHA ROTURA DA REDE DE SANEAMENTO DO PAU NAVIA

A Consellería de Vivenda e Solo activou a equipa que está permanentemente preparada para facer fronte a calquera incidencia na rede de saneamento do polígono de vivendas do P.A.U. de Navia despois de coñecerse a rotura dunha tubería que afectaba a augas fecais para proceder a súa inmediata reparación.

Nada máis ter coñecemento do problema, desprazáronse dous técnicos da Consellería a urbanización para, en colaboración cunha empresa especializada neste tipo de traballos, establecer cal era a mellor maneira de actuar para solventar a rotura da tubería. O delegado provincial, Eudosio Álvarez, explicou aos veciños as medidas adoptadas que para empezar pasan pola utilización dun camión bomba que succione os residuos e desatasque a tubería para pasar a unha posterior reparación da mesma. Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 19:05

Leer más...

   
Ultima modificación de la web realizada el _Miércoles 08 Septiembre 2010, 12:16

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy118
mod_vvisit_counterAyer238
mod_vvisit_counterEsta semana1109
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes2312
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal124312

En linea: 9
Su IP: 38.107.191.90

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 4 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

CAMPO DE FUTBOL
08 September 2010
article thumbnailO proximo venres dia 10 de septembro comenzan os adestramentos do club de futbol S.D. Navia. Os dias de adestramento seran os luns, mercores e venres, dende os mais pequenos que escomenzan sobre as...