Vd. se encuentra aquí: Inicio Sanidade

Sanidade

DENUNCIAMOS Ó CONCELLO

Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

DIRECCIÓN XERAL DE SAUDE PÚBLICA

DIRECTOR XERAL

 

D. Francisco Piñeiro Lorenzo, en calidade de presidente da Asociación de veciños de Navia ante esa consellería comparece e como mellor proceda,

En relación co barrio novo de S. Paio de Navia e ante o funcionamento e a pasividade da concellería de limpeza parques e xardíns do concello de VIGO, obríganos a DENUNCIAR ANTE ESA CONSELLERÍA, por entender que a situación que a continuación se citan, incumpren a normativa mínima de convivencia nunhas condicións mínimas de salubridade con un risco importante para os cidadáns:

 

Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 17:29

Leer más...

 

NAVIA TENDRA UN AMBULATORIO DUNHA PLANTA E DESEÑO VANGUARDISTA

Custará 3,16 millóns de euros, o dobre do que adoita investirse en cada centro de saúde.

O centro de saúde de Navia estará en condicións de abrir as súas portas a finais do ano 2008. Así o asegurou a conselleira de Sanidade, María José Louro, que ante o anaco de campo sen rozar no que se alzará o centro de saúde presentou onte o deseño dun edificio de vangarda, chamado a converterse nun dos ambulatorios máis modernos e mellor equipados de Galicia. Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 19:13

Leer más...

 

CONTRATACION DO PROXECTO CONSTRUCTIVO DO CENTRO DE SAUDE DE NAVAI

O novo centro de saúde de Navia xa está en marcha. Onte publicouse no DOGA o anuncio para a contratación do proxecto constructivo, que deberá estar listo en tres meses. Albergará 17 consultas de medicina xeral e 14 de enfermería. E contará cun área específica de pediatría, con 3 consultas médicas e outras 3 de enfermería.

A nova infraestructura terá uns servizos similares aos do ambulatorio da rúa Rosalía de Castro, o máis recente da cidade. Dado que se situará nun barrio novo, o novo ambulatorio prestará especial atención ás futuras nais. Para elas haberá un área de atención obstétrica, con consulta de matrona e sala de preparación maternal.

A dotación deste centro de saúde completarase cunha consulta odontolóxica e unha hixienista dental, un asistente social e unha sala de ciruxía menor. O Sergas estima que nesta parroquia vivirán preto de 30.000 persoas.

   

DENUNCIA DUN GRAVE RISCO SANITARIO NA RUA TEIXUGUEIRAS

A Asociación Veciñal de Navia publica un comunicado de prensa no que manifesta a sua preocupación pola situación de abandono no que o Concello de Vigo ten ao novo barrio de As Teixugueiras na parroquia de Navia, onde hai parcelas nas que se acumulan entullos, proliferan roedores e todo tipo de insectos parasitarios que representan un grave risco sanitario para os residentes.

Leer más...

 

PECHADO O PROXECTO PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE SAÚDE EN NAVIA

O Concello de Vigo e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) chegaron a un acordo para a creación de seis novos centros de saúde nos próximos catro anos. Dous deles son os de Navia e Bouzas, de construción inminente. A eles sumaranse a continuación outros en A Seara, Balaídos, Gran Vía e Aragón.

A alcaldesa de Vigo reuniuse o pasado luns cos responsables de Atención Primaria e do Sergas na provincia, xunto con técnicos municipais, entre eles o xerente de Urbanismo, Javier Rivas. Na entrevista definiuse a planificación para a extensión de novos centros de saúde en Vigo, unha cidade con 312.000 cartillas sanitarias cuxa atención primaria considérase deficiente.

En todos os casos se seguiráun modelo polo cal lle corresponde ao Concello pór a disposición do Sergas o chan ou o inmoble necesario para crear a dotación sanitaria. No caso de Navia, trátase dunha parcela dotacional, mentres que en Bouzas estase a punto de pechar a adquisición dun edificio do contorno da Alameda.

Fronte a estes dous centros de saúde, relativamente inminentes, outros catro están pendentes de operacións urbanísticas; en máis dun caso, a aprobación definitiva do novo Proxecto Xeral de Ordenación Municipal. A oferta do chan ao Sergas calcúlase que se producirá nun período duns dous anos, polo que poderían inaugurarse nun prazo de catro.

   
Ultima modificación de la web realizada el _Sábado 04 Septiembre 2010, 17:52

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy115
mod_vvisit_counterAyer273
mod_vvisit_counterEsta semana115
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes1318
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal123318

En linea: 12
Su IP: 38.107.191.93

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 5 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

SETEMBRO DE TEATRO
04 September 2010
article thumbnailVINTEATRO Dentro do programa vinteatro e organizado polo grupo de teatro da Asociacion Veciñal, durante os sabados do  mes de setembro e  as 20:30 horas  teremos no auditorio do Centro Cultural...