PASOS DE PEONS
Mie - 20 Ene
Escrito por AVV Navia
Por fin, despois de bastante traballo por certo, o Concello a través do departamento de trafico atende algunha das peticións que dende a Asociación se lle teñen pedido. En próximas datas procederase ao pintado dun novo paso de peóns á altura do edificio de contrucuatro na rua teixugueiras e a instalación de tres pasos de peóns elevados dous á altura dos edificios de CCOO e de Veciñas da mesma rua e outro á altura da Devesa na rua San Paio. Esperamos que con isto soluciónense parte dos problemas que estamos tendo co trafico aínda que sabemos que non é davondo
Última actualización el Sábado, 23 de Enero de 2010 21:30