Vd. se encuentra aquí: Inicio Tráfico

Tr

REUNION CON CALVIÑO

O pasado mercores 11 de Marzo reuniuse o presidente e un membro da xunta directiva da AAVV de Navia co Sr. Calviño para reiterarlle varias demandas xa plantexadas con antelación.

O primeiro que nos di o Sr Concelleiro de movilidade, transporte e seguridade é o seu malestar polas duas últimas cartas que lle enviamos (unha facia referencia a negativa da asociación vecinal á ampliación do XER na nosa parroquia e outra o pouco que se fixera por esa concelleria no noso barrio).

Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 18:10

Leer más...

 

ADECENTADAS AS ROTONDAS EN TEIXUGUEIRAS

{phatfusionslideshow images/stories/novas/p_flor_rotonda1.jpg;images/stories/novas/p_flor_rotonda2.jpg} Durante toda a pasada semán, a empresa concesionaria do Concello en materia de parques e xardíns estivo acondicionando tódalas rotondas da rúa Teixugueiras, logo das continuas e vellas protestas e queixas dos veciños da zona. Cun deseño moderno, as catro rotondas existentes na rúa teñen distintas configuracións e elementos. Así, cada unha é distinta ás outras o que configura unha paisaxe salientable e vistosa.

Adornadas con pedras, flores, céspede e distintos elementos ornamentais espérase con esta actuación que a rúa Teixugueiras tome colorido, orde e limpeza.

Última actualización el Viernes, 07 de Marzo de 2008 12:39
 

RESTABLECEMENTO DO DOBRE SENTIDO NA RÚA XUNCAL

Ponse en coñecemento do público en xeral que a petición da Asociación Veciñal de Navia e por mor do remate das obras de canalización de abastecemento, que fixo a empresa Sercoysa, restablécese o dobre sentido na rúa Xuncal, dende o venres 02 de marzo de 2007 ás 10.00 horas.Solicítase a máxima colaboración cidadá.Con isto remata o rumor de que fora a Asociacion de Veciños a que pedira a direccion unica para a rua Xuncal

   

INSTALARÁN RADARES PARA CONTROLAR A VELOCIDADE EN SAMIL

Segundo manifestou o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, o Concello de Vigo espera que a finais de ano estean en funcionamento tres radares fixos de control de velocidade nas Avenida de Samil, Avenida de Europa e nos túneles de Beiramar e da AP-9, na súa saída cara ao Porto.

Os tres radares, que serán instalados en nove cabinas, seranlle entregados ao Concello pola Xefatura Central de Tráfico, que achegará 385.000 euros dos seus orzamentos para a súa execución.

O Concello, segundo o convenio asinado o pasado 6 de abril coa Xefatura Central de Tráfico, realizará os investimentos necesarios para a execución de toda a obra civil (canalizacións, arquetas, illas, etc.), así como as acometidas eléctricas necesarias para alimentar os cinemómetros. Ademais, o Concello efectuará o abono dos consumos de enerxía á empresa subministradora, contratará o mantemento e conservación das instalacións e levará a cabo as revisións periódicas dos elementos que se deterioren polo uso continuo ou como consecuencia de accidentes.

 

¿SOLUCION AOS SEMÁFOROS DO CRUCE DO XUNCAL?

Semella que chega a resposta as demandas dos veciños/as de Navia en forma de feito sobre o cruce do Xuncal. Os veciños reclaman a reposición do grupo semafórico situado nesta intersección das rúas Xuncal, Caramuxo e Avda. Ricardo Mella, e que foi retirado coas obras de construcción do Cinto de Circunvalación.

Última actualización el Domingo, 26 de Julio de 2009 18:39

Leer más...

   
Ultima modificación de la web realizada el _Sábado 04 Septiembre 2010, 17:52

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy106
mod_vvisit_counterAyer273
mod_vvisit_counterEsta semana106
mod_vvisit_counterSemana anterior1614
mod_vvisit_counterEste mes1309
mod_vvisit_counterMes pasado7110
mod_vvisit_counterTotal123309

En linea: 13
Su IP: 38.107.191.94

Encuesta

¿GUSTACHE O NOVO DESEÑO DA WEB DA ASOCIACIÓN?
 

¿Quien está en linea?

Tenemos 5 invitados conectado(s)

Proxecto Zona Deportiva

ULTIMAS NOTICIAS

SETEMBRO DE TEATRO
04 September 2010
article thumbnailVINTEATRO Dentro do programa vinteatro e organizado polo grupo de teatro da Asociacion Veciñal, durante os sabados do  mes de setembro e  as 20:30 horas  teremos no auditorio do Centro Cultural...