The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

ENTROIDO 2007

el . Publicado en Eventos

Este martes as 17 horas no centro cultural da A. VV.de navia teremos para todos os nenos e nenas do barrio a festa do entroido 2007. Traede todos os nenos e nenas disfrazados para que o pasen moi moi ben.

Imprimir

A XUNTA SÓ ADMITE DEZ DAS 57 CORRECCIÓNS MUNICIPAIS AO PLAN XERAL

el . Publicado en Urbanismo

A Dirección Xeral de Urbanismo enviou onte pola tarde ao Concello vigués a súa resolución sobre as xustificacións aportadas polos técnicos municipais en torno aos 57 ámbitos que ordenara corrixir no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Da cantidade total só admitiu unha decena -ningunha delas consideradas das importantes ou das que afectan directamente a colectivos-, mentres que para que o resto considera que non hai aínda suficientes xustificacións como para permitir a cualificación de chan urbano. Na última reunión dos técnicos de ambas administracións, celebrada a comezos desta semana, o goberno local aportou documentación complementaria para xustificar a catalogación como chan urbano dos 57 ámbitos que foran "freados" pola consellería. Logo de revisar unha por unha todas as zonas afectadas, os representantes de Política Territorial decidiron pospoñer unha decisión respecto diso, ante a densidad da documentación aportada. Ambas partes chegaron ao acordo de que a consellería remitiría un escrito onte venres, no que faría chegar os seus criterios sobre os argumentos dados polo Concello.

Imprimir

2ª MARCHA CICLISTA DE NAVIA

el . Publicado en Deportes

Xa estamos a traballar na 2ª marcha ciclista de Navia, este ano co e costume trateremos de mellorar en todos so aspectos a organizacion , e por iso que todos os que pensedes que podedes votar unha man neste asunto,patrocinadores,organizacion do precorrido,agasallos,contactos con clubs ciclistas,etc os poñades en contacto con nos ven a traves de secretaria do centro cultural ou desta paxina da asociacion.

Imprimir

VITRASA

el . Publicado en Transporte

Copia do escrito remitido pola Asociacion de veciños o departamento de trafico e transportes por mor da modificacion no recorrido do vitrasa pola nosa parroquia:
Navia 29 de xaneiro de 2007
A asociación de veciños de Navia a través da súa xunta directiva quere mostrar a súa disconformidade polo tratamento que se lle esta a dar dende o Concello ás obras de sustitución das tuberías de abastecemento de augas que se están a realizar no noso barrio. En primeiro lugar as obras comezaron sen ningún tipo de control por parte dos responsables de trafico e de vías e obras causando este feito, uns problemas de trafico totalmente innecesarios, denunciados por esta asociación mediante avisos repetidos á policía local. Como segundo tema, xurdido recientemente, esta ó feito de que por mor das obras véxanse afectados, ó noso entender de forma esaxerada, o transporte publico e escolar e polo tanto un gran numero de veciños da parroquia. · por todo isto que esiximos de forma urxente unha reunión coas persoas responsables de que tales feitos acontezan, co fin de chegar a unha solución de consenso para o mellor desenvolvemento das tan necesitadas obras e a vida cotiá dos veciños afectados.
o Vicepresidente da A.VV. Navia
Francisco J. Piñeiro Lorenzo

Calendario de Eventos

Diciembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365