The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

VIVENDAS DA CONSELLERIA

el . Publicado en Urbanismo

EN SAN PAIO DE NAVIA

A empresa adxudicataria dispón dun prazo de 28 meses para a execución das obras
As vivendas distribuiranse en dous edificios con catro andares de soto, planta baixa e entreplanta, doce andares para as vivendas e planta cuberta
Trátase dun proxecto innovador no que se contemplan solucións como a captación da enerxía solar ou a ventilación mecánica das vivendas

Santiago de Compostela, 5 decembro 2006.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 35.082.000 euros a construción de 384 vivendas de promoción pública no Polígono Residencial de San Paio de Navia en Vigo. A empresa adxudicataria dispón agora dun prazo de 28 meses para a execución das obras.

Imprimir

NOITE DO SAMAÍN 2006: ACTOS

el . Publicado en Eventos

En 2005 a A.V. de Navia decidiu recoller a proposta lanzada desde Cedeira e sumarse á celebración do Samaí­n galego. Detrás de nos habí­a unha tradición de crenza nos mortos e un xogo infantil que consistí­a en converter cabazos en caveiras medoñas que se colocaban nos caminos máis escuros da aldea, coa ilusa intención de asustar as vellas que volví­an do rosario ou os vellos viñan de beber na taberna.

Hoxe, pensar que este xogo infantil pode ter raí­ces profundas na nosa prehistoria máis esquecida, que pode remontarse a tradicións onde todo formaba parte dun ritual social que tina que ver coa morte e coa vida, co paso das estacións, co valor da tribo ou coa iniciación no mundo segredo dos espí­ritos e dos deuses prodúcenos unha vertixe difí­cil de precisar.

Imprimir

SEMANA POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTORICA

el . Publicado en Colectivos

A semana do 13 o 17 de novembro foi declarada pola Asociación Veciñal de Navia como Semana pola recuperación da Memoria Histórica. Con este motivo se celebrarán na sede veciñal unha serie de actos en torno ao tema no que participarán destacados persoeiros da vida pólitica e cultural galega. A continuación detallamos o programa de actos.

Luns, 13 de novembro as 20.00 h.
Conferencia a cargo de Xan Carlos Abad Gallego (historiador) e Antón Xiráldez Comba (historiador).

Martes, 14 de novembro as 20 h.
Lectura de textos por Arximiro Blanco e escenificación teatral a cargo do grupo de teatro Navia.

Mércores, 15 de novembro as 20.00 h.
Conferencia a cargo de Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais).

Xoves, 16 de novembro as 20.00 h.
Recital de poesia a cargo dos autores Xose Maria Álvarez Cáccamo, Gonzálo Navaza e Marga Doval.

Venres, 17 de novembro as 20 h.
Proxección do documental "Aillados" de Anton Caeiro.

Imprimir

CURSO DE LICORES E CONSERVAS

el . Publicado en Actividades 2018-2019

A Asociación Veciñal de Navia esta a organizar un Curso de elaboracion de licores e conservas vexetais. O prezo do curso sera de 10 Euros/persoa para un grupo mínimo de 10 persoas. O curso sera impartido nos locais da asociación, na rúa Bravo nº 6. Tódolos interesados xa se poden anotar na sede veciñal en horario de luns a vernes de 5 a 9 do serán.

Calendario de Eventos

Diciembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365