The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

PROHIBICION DE FUMAR NA SEDE DA AV NAVIA

el . Publicado en Sociedade

Poñemos en coñecemento dos socios e usuarios da sede da Asociación Veciñal de Navia que en cumprimento da LEY 28/2005 de 26 de decembro, de medidas sanitarias frente ó tabaquismo e reguladora da venta, o suministro, o consumo e a publicidade dos productos do tabaco, PROHÍBESE FUMAR na totalidade das dependencias desta entidade a partir do 1 de xaneiro de 2006.

Igualmente informamos que como consecuencia da mesma Lei non podemos habilitar, como era intención da Xunta Directiva, un espacio destinado a fumadores, xa que este feito incurriría nunha falta tipificada como grave e sancionado con multa de entre 601 e 10.000 euros.

Con esta información rogamos a comprensión e colaboración dos fumadores xa que o incumprimento da Lei ocasionará sancións para o autor da infracción.

En Navia, a 30 de decembro de 2005.

Imprimir

A ALCALDESA DE VIGO REALIZA UNHA VISITA INSTITUCIONAL A NAVIA

el . Publicado en Xestións

A Excma. Alcaldesa do Concello de Vigo, Dna. Corina Porro, realiza no dia de hoxe unha visita institucional a parroquia de Navia, onde manterá unha reunión cos veciños para coñecer de primeira man a problématica local. A visita, confirmada nas últimas horas polo gabinete da Alcaldía, tamén terá por obxeto a inauguración das obras de reparación efectuadas no Auditorio da Asociación Veciñal de Navia, así como a presentación do proxecto de construcción do Pabellón de deportes para Navia, respondendo a unha das máis ansiadas demandas veciñais. Neste proxecto destaca a gran xestión da concellala de distrito, Dna. Soledad Polo Lima, demostrando unha vez máis o seu grande compromiso con Navia.

Imprimir

FESTA DE FIN DE ANO 2005 EN NAVIA

el . Publicado en Eventos

Outro ano máis a Asociación Veciñal de Navia organiza para desfrute de tódolos socios/as e veciños en xeral unha Festa de Fin de Ano 2005, ou de Aninovo. A festa celebrarase ás 01'30 horas do 1 de xaneiro, despois das tradicionais badaladas, na planta baixa da asociación veciñal.

Habilitarase unha zona Chill Out para aqueles aos que lles custe movelas cadeiras, contaremos co típico cotillón festeiro, disporemos de multitude de bebidas a prezos moi económicos e recibiremos a habitual visita de varios de famosos locais.

A entrada será libre e GRATUITA, e ofrecerase sesión discoteca ata case o amencer a cargo do noso veciño e recoñecido deejay: RODAX DJ.

Imprimir

¿SOLUCION AOS SEMÁFOROS DO CRUCE DO XUNCAL?

el . Publicado en Tráfico

Semella que chega a resposta as demandas dos veciños/as de Navia en forma de feito sobre o cruce do Xuncal. Os veciños reclaman a reposición do grupo semafórico situado nesta intersección das rúas Xuncal, Caramuxo e Avda. Ricardo Mella, e que foi retirado coas obras de construcción do Cinto de Circunvalación.

Calendario de Eventos

Diciembre 2018
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365