The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

Pintura en tea

el . Publicado en Actividades 2018-2019

Deputación de Pontevedra

O día 27 de setembro comeza un curso gratuíto de Pintura en Tea

Os xoves de 17 a 20 horas

Duración 30 horas

Prezo da matricula 6 euros ao anotarse.

Anotarse antes do 19 de setembro na oficina da Asociación de 17 a 21 horas,

rúa Bravo nº6,

Máis información no teléfono 986 24 15 34 e en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ( no mesmo horario)

 

Imprimir

Caravanas en Teixugueiras

el . Publicado en Conflictos sociais

A Asociación Veciñal “ Emilio Crespo” de Navia ven de presentar , unha vez mais, un escrito no Concello reclamando unha solución ó problema que xeran un número cada vez maior de caravanas estacionadas na zona de Teixugueiras.

No 2011 comunicouse ao Concello a situación que, ano a ano, estabamos a experimentar polos problemas derivados do establecemento no noso barrio das caravanas e vehículos pesados dos feirantes que acoden ás festas do contorno, e en resposta informóusenos que en 2012 sería habilitado un espazo máis axeitado na zona de Valadares.

A mediados do pasado mes de abril apareceron as primeiras caravanas no barrio, e así llo fixemos saber mediante un escrito esixindo unha solución aos problemas que se xeran: seguridade viaria (vehículos estacionados permanentemente en dobre e triple fila), escaseza de aparcadoiro, vertidos fecais e doutros residuos, etc.

Os feirantes desapareceron por uns días, pero agora a situación é peor que nunca no relativo ao volume de caravanas e vehículos instalados, así como a problemas de hixiene.

Estas circunstancias están afectando de xeito moi directo ao campamento de verán que desenvolve a A. V. “Emilio Crespo”,na zona do colexio público Alfonso R. Castelao, así como a toda aquela xente que pretende estacionar o seu coche para acudir ao Centro de Saúde ou a algún evento deportivo.

Queremos pedir a tódolas/os veciñas/os que chamen ao teléfono 010 para queixarse desta situación.

POLO BEN DE TODOS CHAMA E MANIFÉSTATE.

Imprimir

Fin de Curso

el . Publicado en Noticias

 

Este sábado, día 7 de xullo ás 18:00 horas, o grupo de teatro Navia presenta estas dúas pezas, "O meigo de Fisterra" e "Madruga".

A continuación o grupo de baile moderno ofreceranos una exibición  de baile coma despedida do curso.

Agardamos vervos

 

Calendario de Eventos

Abril 2020
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365