The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

CONTRA OS RECORTES E PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

el . Publicado en Conflictos sociais

 
 

Por acordo de CCOO e CIG poranse AUTOBUSES a Compostela o día 3 de xuño:

Contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública

MANIFESTACIÓN

Santiago de Compostela

Domingo 3 de xuño, ás 12 desde a Alameda

Autobuses desde a Praza dos cabalos

Saída ás 10:15 e volta ás 14:30

Anotarse nos Teléfonos:

CIG: 986827942 - 678788147 - 670861296

CCOO: 986246800 - 636470614629410348

Convoca, SOS Sanidade Pública

 

As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da

Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario
público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o
carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha
contrarreforma sanitaria.

Coas medidas aprobadas, o Partido Popular:

1º.- Acaba co sistema sanitario universal como un dereito básico da cidadanía e
introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no
marco da Sanidade Pública hai que ser “asegurado”, deixando fora aos que non reúnan
esa condición.

2º.- Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, a pesar de
que é un colectivo en diminución pola crise, realiza un escaso uso dos servizos e un
reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do
carácter universal do dereito á asistencia sanitaria. Tamén deixa fora aos maiores de 26
anos que non teñan “cotizado”.

3º.- Reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e
introduce o copago (repago) en servizos esenciais como a prestación farmacéutica, a
prestación ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non
urxente. Crea, ademais, unha Carteira común de servizos accesorios, que pode ser
financiada co copago ou a través de aseguradoras privadas. Os recortes nos servizos
afectarán especialmente ás mulleres.

4º.- Establece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e
enfermos crónicos, dificultando o acceso a medicacións e prestacións sanitarias
indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.

5º.- Inclúe un novo “medicamentazo” xa que anuncia a retirada das prestacións
farmacéuticas da carteira básica, incrementando o copago, e retira medicamentos moi
usados do financiamento público.

6º.- Incorre en intromisións graves nas competencias da Xunta de Galicia, limitando a
súa capacidade de organización da asistencia sanitaria, tal e como recolle o Estatuto de
Autonomía.

7º.- Cambia as condicións laborais do persoal da sanidade pública, diminuíndo o seu
número e precarizando as súas condicións de traballo, coa conseguinte perda de calidade
no servizo prestado.

8º.- Privatiza a xestión de áreas sanitarias, hospitais e centros de saúde, encarecendo o
servizo e empeorando a súa calidade.



MANIFESTACIÓN

Domingo, 3 de xuño, ás 12 horas

desde a Alameda de Santiago de Compostela

Imprimir

Viaxe Cies 2012

el . Publicado en Actividades 2018-2019

Un ano mais a Federación Veciñal organiza a viaxe ás Illas Cíes e como outros anos realízase en dúas etapas “Familias” e “Mulleres”.

As datas de saída nesta Asociación Veciñal son:

Día 26 de xuño para Mulleres.

Día 8 de xullo para Familias.

Os prezos son:

Persoas adultas – 13.00€

Nen@s – 5.00€ (ata os 12 anos)

Nen@s (de 0 a 3 anos) – De balde

O prazo de inscrición xa esta aberto e podédelo facer na oficina de 17:00 a 21:00 horas.

Para mais información chamar, no horario habitual, ao teléfono 986 241 534 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Imprimir

NOTA DE PRENSA

el . Publicado en Xestións

EXEITAMENTE DA ACTITUDE DO ALADE DE VIGO HACIA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE NAVIA “EMILIO CRESPO”.

Dende a Asociación Veciñal de Navia “Emilio Crespo” queremos expresar o noso rexeitamento á actitude do alcalde de Vigo cara a esta organización, que parece non ser do seu gusto por algún motivo que debería explicar, e que o levou a impulsar, mediante persoas próximas a el, a creación dunha nova asociación veciñal afín á súa figura, e que parece que ten por único obxectivo o non ser crítica coa súa xestión no barrio.

Semella que o único interlocutor válido vai ser a nova asociación, cando as nosas solicitudes e reivindicacións de moito tempo atrás, especialmente as referidas ás Teixugueiras, están sendo totalmente ignoradas por unha especie de castigo que non acabamos de comprender pero si intuímos. O alcalde ten enriba da súa mesa, dende fai bastante tempo, unha relación de demandas e de propostas de mellora que está omitindo completamente; así mesmo, son moitos os escritos presentados solicitando actuacións puntuais relativas a limpeza, arranxos, reposicións, etc., que non obteñen resposta e parece deberse a que hai algo ou alguén que non lle gusta ou simplemente a súa actitude responde a que non lle dicimos “amén” a todo, que é o que pretende coa nova asociación.

Imprimir

Día das letras galegas

el . Publicado en Cultura

Día das letras Galegas

 

homenaxe a Valentín Paz Andrade

terá lugar o xoves 17 de maio ás 19 horas

no Centro Cultural

 

 

Programa:

19:00 h. Actuación da Coral Polifónica “San Pelayo”

acompañada da Banda de Música “Atlántida” de Matamá

 

20:30 h. Actuación do monologuista Cándido Pazó

 

Calendario de Eventos

Abril 2020
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365